26/5/10

VOLVESE VER A VELLA PONTE DO SIL











Coa baixada das augas do Sil, como consecuencia das obras que acomete a electrica IBERDROLA, pode verse novamente o que queda daquela fermosa ponte que comunicaba as terras de Lemos coas de Caldelas (o verdadeiro límite de Sober con Castro Caldelas).

Desa Ponte falaron no seu tempo o Licenciado Molina ou o Padre Sarmiento, neste caso, nuhna das suas viaxes a Galicia en 1745 e 1754 xa fala da ponte en ruinas.

A Ponte sen dubidas foi de orixe romano e sufriu unha importante reforma no medievo, tiña que ser espectacular, asi a describe o malagueño BARTOLOMÉ SAGRARIO DE MOLINA, coñecido por El Licenciado Molina, na sua obra editada en Mondoñedo en 1550, titulada: "Descripción del Reino de Galicia".

“E así vai o Sil ata a Ponte de Paradela, a cal podería ser ela soa unha cousa notable, pois é unha ponte de madeira que non debe haber outra semellante en toda España. Está alí tamén o río fundido entre dúas serras moi altas, e este pasa polo medio de dúas penas, onde en riba de cada unha delas hai unha torre, e de torre en torre vai polo aire un edificio de madeira que ten cento vinte pés de largo, e para pasar a cada unha destas torres hai outra ponte de madeira co seu capitel en cada unha; é cousa de admirar…”
Traducción textual da edición de Toxosoutos do ano 2003.
É unha boa ocasión para contemplar esta magna obra que somentes se pode ver en ocasións esporadicas como esta; a anterior vez foi a finais dos 70.

9/5/10

O ACORDEONISTA SERVIO MARKO SEVARLIC, ACTUA EN SOBER O DÍA 22 de MAIO

O Sábado 22 de Maio ás 8 da tarde no Centro Sociocultural de Sober o acordeonista servio Marko Sevarlic ofrecerá un concerto dentro do ciclo Primavera Musical de XUVENTUDES MUSICAIS de SOBER.

Marko Sevarlic (Cacak, Serbia, 1988) inicia os estudios de acordeón aos 8 años con Aleksandar Popovic. Amais, forma parte da Sociedade Cultural de Danza e Música Tradicional e, posteriormente, estudia con Vojin Vasovic. Gañou máis de 20 primeiros premios como solista e tamén e galardoado como membro do dúo HARFLA (frauta e acordeón). Foi seleccionado en tres ocasions como representante do seu país para participar en concursos internacionais como a Coupe Mondiale ou o Trofeo Mundial. Entre os seus galardons destacan os concursos de Castelfidardo (Italia), Shangai (China), e os primeiros premios do concurso croata de Pula e do Trofeo Mundial en Serbia. Fixo recitais en Italia, Rusia e boa parte dos países balcánicos da antigua Iugoslavia.
En Serbia actuou como solista i en música de cámara nas salas más pretixiosas do país.
Durante o último ano ofreceu concertos en España e tamén foi premiado no Concurso de Lleida, en Val Tidon (Italia) e no Concurso de Juventudes Musicales de España. En 2009 obten o 2º Premio do Concurso Internacional Arrasate Hiria. Con Nikola Kerkez forma o dúo Jeux d’Anches co que tamén obtivo varios premios e fixo concertos por España, tamen colaboraron con compositores para ampliar o repertorio acordeonístico destacando a colaboración con Iván Fedele.
Actualmente amplía a sua formación no MUSIKENE, centro superior de estudios do País Vasco, con Iñaki Alberdi, Aitor Furundarena e Miren Iñarga e aèsares da sua xuventude, Marko ofreceu cursos de acordeón en centros púlbicos. Forma parte do Trío Jeux d’Anches co que tamén obten varios premios e ofrece concertos en España.

Programa

Anatoly Kusyakov (1945) · Partita, op. 32 (1991)
Intrada
Canon
Passacaglia
Scherzo-Toccata

César Franck (1822-1890) · Coral nº 2 para órgano [acordeón], en si m, FWV39 (1890)

***

Johann Sebastian Bach (1685-1750)
Preludio e Fuga nº 20, en la m, de O Clave Ben Temperado [2º Libro], BWV889 (1738)

Domenico Scarlatti (1685-1757) · 2 Sonatas en re maior

Sofía Martinez (1965) · Chuvia (1998)

Adriana Hölszky (1953) · High way for one (1999)

3/5/10

RAMON GONZALEZ ("O REY DE NAZ"), FALA EN SOBER O DIA 8 DE MAIO


O soberino afincado en Lugo RAMON GONZALEZ RODRIGUEZ, coñecido en Sober por "O Rey de Naz" e en Lugo por "O Ganchos", falara o sábado 8 de Maio as 7,30 da tarde na Casa da Cultura de Sober sobre a sua experiencia vital e do seu libro publicado recentmente "Historias dun Home mecanico".
Ramon Gonzalez perdeu aos 16 anos os dous brazos nun accidente ferroviario, e ao ler nun xornal que a un rapaz madrileño lle puxeran uns brazos artificiais, escribiu coa boca a Franco pedindolle uns brazos para el. Non sin traballo conqueriu eses ganchos que dende os 22 anos son os seus brazos.
Ramon Gonzalez foi durante mais de 20 anos concelleiro independente no Concello de Lugo e Teniente de Alcalde en moitas ocasións. Desempeñou asemade diversos cargos como directivo de Frigsa e na Conselleria de Traballo da Xunta.
As suas relacions personais fixeron que moitos veciños de Sober poidesen atopar traballo en Lugo e noutras localidades.
Ramon Gonzalez naceu en Portizó e criouse en Naz, e apesares de levar caseuqe toda a vida na capital nunca deixou de ser un soberino de pro, sempre presumiu das suas raices e visita con frecuencia os pobos da sua nenez e xuventude.
RAMON GONZALEZ e o mais claro exemplo de que FAI MAIS QUEN QUERE QUE QUEN PODE.
Nota.- A foto é de Angel Arnaiz de El Correo Gallego en Monforte.