30/9/09

O QUINTETO DE VENTO MALI b DE CROACIA ACTUA O SABADO 3 de OUTUBRO EN SOBER



O Quinteto de Vento MALI b de Croacia actuará o 3 de Outubro sábado ás 8,15 da tarde no salon de actos da Casa da Cultura de Sober, nun concerto extraordinario que Xuventudes Musicais de Sober organiza para inaugurar o ciclo MUSICA NO OUTONO.

O grupo musical interpretará obras de Danzi, Papandopoulo, Hindemith, Gounod e Iwanow.

Estamos ante un concerto de un gran nivel musical que de seguro gustará o todo o que queira acercarse ata Sober. Como sempre o acto será de caracter gratuito.


De Croacia chega este este quinteto de excelentes instrumentistas, a sua traxectoria como grupo está marcada por premios nos concursos máis importantes de seu país. A vez que ultiman a sua formación no conservatorio de Rotterdam, mantiñen unha permanente actividade concertística, sendo receptores e dedicatarios de abundante literatura para a formación de vento-madeira.

Forman o grupo:

Lucija Zovko, frauta

Andrea Dujak, oboe

Marko Zavišiæ, clarinete

Dijana Sindik, trompa

Anka Kovaè, fagot