25/5/09

A ASAMBLEA DE JUVENTUDES MUSICALES DE ESPAÑA TOMOU IMPORTANTES ACORDOS EN SOBER




A Asamblea de Juventudes Musicales de España, que tivo a sua xornada central o sabado en Sober, clausurouse onte no Parador de Turismo de Monforte. Non e certo como dí a prensa que se celebrou por primeira vez en Galicia, xa que nunha ocasión anterior se celebrou en Vigo.
Entre os acordos tomados o sábado en Sober estan a ratificación no cargo de secretario executivo a Miquel Cuenca, que habia sido nomeado moi recentemente polo consello de direccción.
Outra decision adoptada na asamblea foi ampliar o concurso permanente as modalidades de jazz e flamenco. Acordouse tamen que en pouco tempo todas as asociacións locais conten coa sua propia web; polo tanto Xuventudes Musicais de Sober tamen terá a sua.
Para 2010 a Asamblea Xeral trasladase a terras catalanas xa que se aceptou a invitacion de JM de Girona e Banyolas para organizala entre as duas asociacións limitrofes.
Dous concertos publicos dos que informamos estes dias pasados e diversas actividades ludicas completaron a Asamblea na que participaron arredor de 75 personas.
Actualmente, as Juventudes Musicales de España agrupan a cerca de cen colectivos -con un total de 20.000 socios- i están integradas nunha Federacion internacional con presenza nos cinco continentes. A organización de ciclos de concertos e concursos de músicos ou a edición de discos son algunas das multiples actividades que se fan durante todo o ano.
Podemos ver un importante albun de fotos na páxina de Juventudes Musicales de Leon.

18/5/09

SOBER SERA ESTE FIN DE SEMANA SEDE DA ASAMBLEA XERAL DE JUVENTUDES MUSICALES DE ESPAÑA


Como xa habiamos anunciado, a Asamblea Xeral de Juventudes Musicales de España de 2009 terá lugar os días 22, 23 e 24 de Maio, en Sober.


Os horarios das actividades máis importantes son os seguintes:


VENRES 22

-Ás 18,30 no Parador de Turismo de Monforte. Reunion do Consello de direccion.
-As 21,00 no Parador de Turismo de Monforte. Actuación do OCTETO DE CORDA ALTISSIMO ENSEMBLE, de Londres, que interpretaran obras de: Lutoslawski, Dvorak, Telemann e Stewart.
Formado por oito violinistas e violistas de varias nacionalidades, a Altissimo Ensemble e un grupo de corda moi singular establecido en Londres. O repertorio do grupo inclue tanto adaptacions de pezas clásicas e barrocas como tamén composicions contemporáneas escritas especialmente para esta formación por autores como Ian Stewart, as obras que integran o primeiro disco do conxunto: "San Gejtanu" (Music Chamber, 2008).
O Altissimo Ensemble distinguese poao sua peculiar textura sonora, posto que prescinde do rexistro grave dos violonchelos. O grupo foi unha idea orixinal dun dos membros, Claudio Forcada, que propuxo a creación dun conxunto formado só por violins e violas. Dende enton este proxecto inicial viuse enriquecido polo entusiasmo de diferentes compositores, que mostraron interés por una combinación de instrumentos tan característica e insólita.

SABADO 23

-Ás 9,30 da mañá no Auditorio do Centro Sociocultural de Sober inicio da ASAMBLEA XERAL coa participación de preto dun centenar de delegados de todo o estado Español.
As 13,30 horas visita do Alcalde de Sober e da Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Lugo.
As 14,00 Aperitivo no Centro Sociocultural de Sober
Ás 14,30 Xantar no SANTUARIO DE CADEIRAS
Ás 18,30 Talleres (Produccion de concertos e Promocion)
Ás 20,30 da tarde no AUDITORIO da CASA DA CULTURA DE SOBER: Actuacion do CUARTETO DE SAXOFONS DA CORUÑA.
O Cuarteto de Saxofóns da Coruña xestouse na aula do profesor Narciso Pillo en 1992. Nace coa idea de difundir o saxofón e cubrir o oco existente na música de cámara do noso país no que ao saxofón clásico se refire, labor que veu realizando dende a sua fundación, debido ao entusiasmo e acollida que se lle dispensa nas actuaciones.
Composto pola élite dos saxofonistas galegos, o Cuarteto de Saxofóns da Coruña e notable pola calidade interpretativa dos seus membros, que fan valer o instrumento baixo una forma que hasta o presente foi pouco explotada, mostrando as ricas posibilidades do grupo en canto a sonoridad, timbre, extensión e beleza tanto a nivel individual como de conxunto.
O repertorio que traballa o cuarteto está formado casi exclusivamente por música do s. XX, habida conta de que o instrumento nace a finais do XIX, ainda quee tamén fai fronte a transcripciones de obras clásicas representativas. No repertorio destacan compositores como Glazounov, Bozza, Francaix, Desenclos, Ibert, Pierné, Boucard, Singelée, River, Iturralde...
Na actualidade, os componentes adedicanse a docencia en conservatorios de Galicia e forman parte de importantes colectivos bandísticos. Son: Narciso Pillo (saxo soprano); Eva Aguiar (saxo alto); Gerardo Bacelo (saxo tenor) e Marcos Mariño (saxo barítono).
O programa que interpretaran en Sober é:
CONCERTO ITALIANO BWV 971 de Johan Sebastian BACH
I ------ II- Andante, III- Presto
INTRODUCTION ET VARIATIONS SUR UNE RONDE POPULAIRE de Grabriel PIERNÉ
QUARTOUR pour Saxophones de Alfred DESENCLOS
I- Allegro non tropo, II-Calmo, III-Poco largo, ma risoluto
QUARTOUR pour Saxophones de Pierre Max DUBOIS.
I- Overture, II-Doloroso, III-Spirituoso, IV-Andante-Presto.
DOMINGO 24.
-As 9,30, Conclusions da Asamblea no Parador de Monforte.
-As 10,30, Charla-presentacion de Juventudes Musicales
-As 12,00 Visita do Alcalde de Monforte de Lemos e Clausura da Asamblea.

15/5/09

O GRUPO DE TITERES FANTOCHES BAJ, ACTUA EN SOBER


Dentro do programa Cultura Vai, da Conselleria de Cultura da Xunta de Galicia, chega a Sober o sábado 16 de Maio ás 6 da tarde o grupo FANTOCHES BAJ, que porá en escena o espectaculo Rei, rei?. A actividade que será gratuita terá lugar no auditorio da Casa da Cultura.

12/5/09

UN OCTETO DE CORDA LONDINENSE E O CUARTETO DE SAXOFONS DA CORUÑA ACTUARAN DURANTE A ASAMBLEA DE JUVENTUDES MUSICALES DE ESPAÑA


Con motivo da Asamblea Xeral de Juventudes Musicales de España, que se celebrará os días 22, 23 e 24 de Maio próximos, coa coordinacion de XUVENTUDES MUSICAIS DE SOBER, poderemos disfrutar de dos concertos de primeiro nivel. Tratase de dous extraordinarios e gratuitos.
VENRES 22, as 9 da noite no PARADOR de MONFORTE DE LEMOS. Actuación do OCTETO DE CORDA ALTISSIMO ENSEMBLE, de Londres, que interpretaran obras de: Lutoslawski, Dvorak, Telemann e Stewart.
Formado por oito violinistas e violistas de varias nacionalidades, a Altissimo Ensemble e un grupo de corda moi singular establecido en Londres. O repertorio do grupo inclue tanto adaptacions de pezas clásicas e barrocas como tamén composicions contemporáneas escritas especialmente para esta formación por autores como Ian Stewart, as obras que integran o primeiro disco do conxunto: "San Gejtanu" (Music Chamber, 2008).
O Altissimo Ensemble distinguese poao sua peculiar textura sonora, posto que prescinde do rexistro grave dos violonchelos. O grupo foi unha idea orixinal dun dos membros, Claudio Forcada, que propuxo a creación dun conxunto formado só por violins e violas. Dende enton este proxecto inicial viuse enriquecido polo entusiasmo de diferentes compositores, que mostraron interés por una combinación de instrumentos tan característica e insólita.

Sabado 24 ás 8,30 da tarde no AUDITORIO da CASA DA CULTURA DE SOBER: Actuacion do CUARTETO DE SAXOFONS DA CORUÑA.
O Cuarteto de Saxofóns da Coruña xestouse na aula do profesor Narciso Pillo en 1992. Nace coa idea de difundir o saxofón e cubrir o oco existente na música de cámara do noso país no que ao saxofón clásico se refire, labor que veu realizando dende a sua fundación, debido ao entusiasmo e acollida que se lle dispensa nas actuaciones.
Composto pola élite dos saxofonistas galegos, o Cuarteto de Saxofóns da Coruña e notable pola calidade interpretativa dos seus membros, que fan valer o instrumento baixo una forma que hasta o presente foi pouco explotada, mostrando as ricas posibilidades do grupo en canto a sonoridad, timbre, extensión e beleza tanto a nivel individual como de conxunto.
O repertorio que traballa o cuarteto está formado casi exclusivamente por música do s. XX, habida conta de que o instrumento nace a finais do XIX, ainda quee tamén fai fronte a transcripciones de obras clásicas representativas. No repertorio destacan compositores como Glazounov, Bozza, Francaix, Desenclos, Ibert, Pierné, Boucard, Singelée, River, Iturralde...
Na actualidade, os componentes adedicanse a docencia en conservatorios de Galicia e forman parte de importantes colectivos bandísticos. Son: Narciso Pillo (saxo soprano); Eva Aguiar (saxo alto); Gerardo Bacelo (saxo tenor) e Marcos Mariño (saxo barítono).
O programa que interpretaran en Sober é:
CONCERTO ITALIANO BWV 971 de Johan Sebastian BACH
I ------ II- Andante, III- Presto
INTRODUCTION ET VARIATIONS SUR UNE RONDE POPULAIRE de Grabriel PIERNÉ
QUARTOUR pour Saxophones de Alfred DESENCLOS
I- Allegro non tropo, II-Calmo, III-Poco largo, ma risoluto
QUARTOUR pour Saxophones de Pierre Max DUBOIS.
I- Overture, II-Doloroso, III-Spirituoso, IV-Andante-Presto.
Son moitas as actividades programadas para os tres días que durará a Asamblea, na que se espera asistan sobre un centenar de representantes de diversas asociacions locais de Juventudes Musicales do Estado Español. Prevese a asistencia de diversas autoridades estatais, autonomicas, provinciais e locais.
Talleres, charlas e algunha visita turistica -como un xantar en Cadeiras-, completaran as actividades destas tres intensas xornadas de traballo.

5/5/09

A EX-ALCALDESA DE SOBER RAQUEL ARIAS É A NOVA DELEGADA TERRITORIAL DA XUNTA EN LUGO


A ex-Alcaldesa de Sober Raquel Arias Rodriguez, tomou posesión o pasado luns ante o Presidente da Xunta Alberto Nuñez Feijoo do seu novo cargo de DELEGADA TERRITORIAL DA XUNTA DE GALICIA para a provincia de Lugo.

Raquel Arias presentouse hoxe a tarde en Lugo no salon de actos do edificio administrativo da Xunta en Lugo, nun acto no que estivo acompañada do Conselleiro de Presidencia Alfonso Rueda e o que asistiron a practica totalidade de Alcaldes da Provincia de Lugo. Entre os da zona sur estaban -Sober, Monforte, Boveda, Pobra de Brollon, Quiroga, Panton ou Chantada. A nova Delegada da Xunta en Lugo dixo que quere converterse "nun nexo de unión entre as necesidades dos vecinos da provincia e o Goberno Galego"

Raquel confirmou que a pesar do seu novo cargo a sua residencia seguirá fixada en Sober.

So nos queda dar a noraboa a nosa veciña polo seu nomeamento.

Na foto de Toño Parga Raquel Arias nos xardins da praza do concello de Sober.