27/2/09

A COMPARSA DE SOBER ACADOU O TERCEIRO PREMIO NO ENTROIDO DE MONFORTE



















Unha corparsa formada por preto de 70 persoas (membros da banda de música de Sober, alumnado, profesorado e nais e pais da escola de musica de Sober e da garderia), amais de desfilar o sábado polas ruas de Sober participaron o Martes en Monforte no desfile de entroido que se organizou na cidade do Cabe. A comparsa soberina, con muisca en directo acadou o terceiro premio para comparsas de fora da cidade de Monforte.

O grupo participou en ambolos dous desfiles cun disfraz de PIRATAS e ian acompañados por un BARCO PIRATA.

Acompañamos fotos de: Maria Jesus Arias, Angeles Rodriguez e Paula Vazquez Verao.

26/2/09

VECIÑOS DE SOBER VISITARON RIBEIRA DE PIQUIN












Preto de 40 veciños de Sober visitaron o mercores de cinza o concello de Ribeira de Piquin dentro do programa km0 da Deputacion de Lugo.
O viaxe foi organizado pola Agrupacion Micoloxica PINGADOURO e participaron un total de 36 persoas de diferentes parroquias do concello. Os soberinos foron recibidos na Deputacion polo seu presidente José Ramon Gomez Besteiro para logo achegarse ata a Insua de Borneiros no rio Miño, preto de Santa Comba e visitar as inmediacións da Casa Grande da Fervenza.
Tras xantar en Chao de Pousadoiro, capital de Ribeira de Piquin, fixose unha moi fermosa ruta de sendeirismo a caron do Eo e antes de regresar visitouse a piscifactoria MENUDAS, onde moitos dos excursionistas aproveitaron para mercar troitas.

Para os meses de Xunio e Xulio estan programdos novos viaxes dentro deste programa a NEGUEIRA DE MUÑIZ ou OS ANCARES entre outros.
Nota.- As fotos son de Paula V. Verao e Javi Vivirido.

20/2/09

O "III BAILE DA CACHUCHA", O SABADO 21 NA PRAZA DE SOBER


A praza do Concello de Sober acollerá o sábado 21 a terceira edición do "BAILE DA CACHUCHA"; a iniciativa dun grupo de veciños de Sober faise por terceiro ano consecutivo e esta previsto cocer máis de 50 kilos de cachucha de porco que seran degustados gratuitamente xunto con "tripon" de entroido. Nest ocasión entregaranse premios en metalico aos tres mellores disfraces individuais.

As actividades deste sábado de entroido iniciaranse as 5 da tarde cun desfile a cargu dunha comparsa ded Escola de Musica de Sober, formada por preto de cincuenta persoas; unha vez rematado o desfile iniciarase un baile na praza do concello durante o cal todos os asistentes poderan degustar gratuitamente cachucha de porco con pan do pais, viño de Amandi e tripon de entroido.
E aconsellable acudir disfradazo.

19/2/09

UN CENTENAR DE COMADRES "INVADEN" O CONCELLO DE SOBER


Como era de esperar os homes non quixeron quedar atras, e na xornada de COMADRES poideron contemplarse arredor dun cento no concello de Sober.



Na praza de Sober habia 30 bonecas diante da casa consistorial representando as eleccions do primeiro de Marzo e a Euromillones que tocou recentemente na vila, amais de media ducia coas nenas da garderia.



Na piscina municipal os homes do obradoiro fixeron as rapazas que traballan con eles, preto de vinte. En Anllo Santo Estevo, máis de vinte exemplares entre grandes e pequenos representaban unha clinica de xinecoloxia (habia dende unha consulta coa xinecologa, unha muller parindo, a cola da consulta e unha pequena na incubadora sendo atendiada por unha auxiliar. En Matamá estaban representadas 20 mulleres do lugar e en Millán habia dous exemplares. Sabemos tamen que no Colexio de Sober se fixeron varias comadres. O certo e que a tradicion de compadres e comadres en Sober parece que e a única que resiste dentro das moitas que se facian durante o entroido en diferentes parroquias e lugares do concello.

NOTA.- A foto de ROI FERNANDEZ mostra unha comadre de Anllo.

18/2/09

PRESENTACION DOS "ITINERAIOS HISTORICO-MUSICAIS DE MONFORTE"


O Parador de Monforte acolle este mercores, 18 de Febreiro as 6 da tarde a presentación do libro-disco "ITINERAIOS HISTORICO-MUSICAIS DE MONFORTE DE LEMOS", o volume fai o número 8 dunha moi interesante colección que saca a luz a editorial Ouvirmos de Sarria.
A presentación contará coa presenza do cuarteto Ars Combinatoria, que interpretará pezas de catro grandes compositores barrocos. Entre eles, Giovanni Maria Trabaci, autor de numerosas obras dedicadas a Pedro Fernández de Castro, sétimo conde de Lemos.
O acto é posible grazas á colaboración, ademais do Concello de Monforte de Lemos,da Dirección Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Turgalicia, S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Deputación de Lugo (Área de Turismo) e Ouvirmos.
Asistirá o Alcalde de Monforte Severino Rodriguez, o Director Xeral de
Turismo da Xunta Ruben Lois e a Vicepresidenta da Deputacion e responsable da area de Turismo Maria Xosé Vega.
A todos os asistentes ao acto se lle obsequiará cun volume do libro-disco que se presenta.
O concello de Sober ten un protagonismo especial no volume; como non poderia ser menos na parte que se refire as bandas de musica, aqui destaca a BANDA DE MUSICA DE SOBER.

A colección ten xa na rua os volumes correspondentes a Pontevedra, Celanova, Rianxo, Mondoñedo, Lugo, Ourense, Vigo e Monforte e nos proximos meses completarase cos adicados a Compostela, A Coruña, Ribadavia, Tui e Ferrol.

12/2/09

OS COMPADRES PROTAGONISTAS EN SOBER




Un ano máis o XOVES DE COMPADRES, tivo un destacado protagonismo no concello de SOBER. A capitalidade municipal con un importante numero de "bonecos" , e as localidades de Anllo e Matamá foron os lugares onde os compadres se contaron por decenas. En Sober uns trinta exemplares diante a Casa Consistorial con protagonismo especial para o novo alcalde JOSE GOMEZ, outro grupo representando os nenos da gardería e todos os traballadores masculinos do obradoiro no entorno da piscina municipal foron os que se poideron contar; en Anllo e Matamá as veciñas fixeron a caseque todos os homes do pobo.



Sen dubida xornada festiva de entroido que esperamos se repita o proximo xoves coa correspondente "revancha".


Nota.- As fotos son de ROI FERNANDEZ e foron publicadas en LA VOZ DE GALICIA do venres 13-02.

5/2/09

"PINGADOURO" DENUNCIA A INCORRECTA E CONFUSA SEÑALIZACION DO CANON DO SIL

A Agrupacion Micoloxico-Naturalista PINGADOURO, quere denunciar a INCORRECTA, CONFUSA, INADECUADA, INADMISIBLE e IRRESPONSABLE señalización do CANON DO SIL dende as estradas Nacionais de LUGO e OURENSE.
O Canon do Sil é o lugar mais visitado de toda a Ribeira Sacra e un dos máis visitados de Galicia durante todo o ano. É un espacio protexido dentro da Red Natura 2000 e calificado como L.I.C. (Lugar de Interes Comunitario); abrangue as ribeiras do rio Sil dos Concellos ourensanos de Parada do Sil e Nogueira de Ramuin e dos lucenses de Sober (nun 90%) e Panton (10%). Esta zona protexida discurre unicamente dende o Santuario de Cadeiras en Pinol-Sober ata a xuntanza dos rios Sil e Miño en Os Peares.
A nefasta e confusa sialización feita dende sempre, viuse agora colmada coa colocación de paneis de xigantescas dimensións no lugar de Cambeo (Concello de Coles), no cruce das estradas nacionais N-525 e N-540 -concretamente no kilómetro 249 da N-525) indicando este importante e visitado punto turistico en dirección a Chantada. Esto ocasiona unha confusión aos visitantes que non pode ser admisible baixo ningun concepto e que demostra a falta total de coñecemento por parte de todas as persoas responsables da demarcación de carreteras do estado e ao tempo das empresas as que se encargan estos traballos, que por certo, ocasionan cuantiosos desembolsos económicos.
Ao mesmo tempo dende a N-120 a señalización deste importante punto de interese turistico estivo e segue a estar dende sempre mal señalizado. Tanto en direccción Ourense-Ponferrada como Ponferrada-Ourense o Cañon do Sil indicase nas saidas de Penalva e Os Peares na Provincia de Ourense e en Monforte na saida da estrada de Castro Caldelas na Provicia de Lugo. Nos dous primeiros casos as estradas de acceso ao Cañon do Sil son moi deficientes e estreitas e no caso de Monforte a estrada conduce o Rio Sil pero non ao CAÑON DO SIL. A única saida NATURAL, LOXICA e ao tempo COMODA para todo tipo de vehiculos é no kilometro 530 da estrada N-120 en CANABAL. Dende aqui pode accederse en calquera vehiculo (turismos ou autocares) en moi poucos minutos a multitude de puntos do propio CAÑON DO SIL (Cadeiras, Santiorxo, Bolmente-Cividade e O Boqueiriño- ou Os Chancís).
Pola presente queremos denunciar esta falta de criterio e ao tempo pedimos a retidada dos paneis erroneos e a colocación dos correspondentes paneis informativos en CANABAL.
Ao tempo dende a asociación PINGADOURO mostramos a nosa disposición para colaborar na subsanación deste "erro".
Sober a 5 de Febreiro de 2009.

REMITIRONSE COPIAS DO ESCRITO A DEMARCACION DE CARRETERAS DO ESTADO EN GALICIA E AS UNIDADES PROVINCIAIS DE CARRETERAS DO ESTADO EN LUGO E OURENSE.