30/9/08

MUSICA PARA UN 91 CUMPREANOS NA RESIDENCIA DE SOBER






















O pasado fin de semana na Residencia NOSA SEÑORA DO CARME de Sober un grupo de músicos agasallou a Esperanza Alvarez Gay no seu 91 cumpreanos cun concerto que incluiu maioritariamente pezas dos anos 20 , 30 e 40 do século pasado.




O curioso do concerto, que foi organizado polo seu propio fillo Pedro Llano Alvarez e que entre os musicos estaba o seu marido Alfonso Llano González que cumprirá 91 anos para xaneiro, tamen participou o seu fillo Pedro Llano, xunto con Alfonso Campos, Paula Vázquez Verao e Luis F. Guitian. Esta non foi a primeira actuación deste grupo de músicos na Residencioa de Sober e de seguro que non será a última.

26/9/08

O SAN MIGUEL DE ROSENDE OS DÍAS 27 E 28 DE SETEMBRO


O veran festivo de Sober vai chegando ao seu final, e así a parroquia de Rosende ten perfilado para os días 27 e 28 de Setembro as suas festas na honra do Patron San Miguel. Durante as duas xornadas haberá sesions vermú e Misa Solenne con Procesión, os bailes de tarde e noite seran amenizados polas orquestras ANDURIÑA, D´ MODA e COSTA AZUL. Como non pode ser menos haberá tamen sesións de fogos artificiais e pasarruas matinais.

23/9/08

REMATAN AS FESTAS DE SOBER CUNHA PAELLA XIGANTE




Como estaba previsto, o luns 22 de Setembro -festa local en Sober- remataron as festas do Carme en Sober coa actuación da orquestra POCEIRO e a degustación dunha PAELLA XIGANTE, na que participaron un moi importante numero de veciños e visitantes.

As festas remataron e o balance ten que facelo cada un.

Pola nosa parte, solicitar máis axuda para temporadas vindeiras tanto dos propios veciños como do Concello; e ao falar de axuda non soio nos referimos a económica que xa se sabe é a maís importante; debese de axudar en todolos aspectos.
Adxuntamos fotos da paellada xigante, do tiro de corda e da actuación da orquestra POCEIRO.
A PAELLA XIGANTE, como o ano anterior foi feita baixo a batuta dun cociñeiro internacional, tratase de José Arias , un veciño do Piñeiro de Bulso, que vive habitualmente en Suiza. Foron setenta kilos de arroz, sepia, calamares, polo, pimentos, caldo de pescado,berberechos, langostinos ou mexilons entre outros ingredentes os que fixeron realidade a gran paella. Como non podía ser menos axudaron varios veciños e veciñas en diferentes labores; entre eles e como como Axudantes de Cociña estiveron Lois, Simón e Losada.
As palas utilizadas foron as do ano anterior, de madeira de cerdeira e ciprés, e foron feitas polo carpinteiro de Sober Tomás Rodríguez . Agora volven estár ben gardadas para telas a punto para a próxima paella que se fará -Deus mediante- o ano que próximo.
Adxuntamos con data 26 de Novembro máis fotos da paellada e todas as do tiro de corda que foron facilitadas por Sandra Meijide Feijoo.

16/9/08

AS FESTAS DO CARME EN SOBER COMENZAN O VENRES 19 E REMATAN O LUNS 22 DE SETEMBRO




A capitalidade municipal de Sober, está xa preparada para as suas festas maiores na honra da VIRXE DO CARME. Os festexos inicianse o Venres a media tarde coa sub¡da en procesión dende San Martiño da imaxe da patroa da capitalidade, xa pola noite haberá o primeiro baile e farase unha quiemada popular. O Sábado haberá pasarruas pola mañá, misas rezadas e MISA MAIOR con PROCESION a mediodía. Polo seran un TORNEO DE FUTBOL 7 cadete con equipos de Ourense, Lugo e Monforte e pola noite baile ata ben entrada a madrugada. O Domingo pasaruas coa BANDA DE MUSICA DE SOBER, concerto matinal pola mesma agrupación, MISA CANTADA con PROCESION acompañada pola propia banda, e pola tarde o TIRO DE CORDA xa clásico na praza do toural. Pola tarde noite novamente baile con dous grupos musicais.


O Luns (festa local en SOBER), remataran os festexos con actos relixiosos pola mañá unha PAELLA XIGANTE GRATUITA a media tarde e o ultimo baile pola noite.


Como é habitual haberá actividades para os pequenos grupos de gaiteiros e fogos de artificio.


Os grupos contratados para amenizar os festexos son entre outros: "OS MINHOTOS", "PLAYERS", "POCEIRO",
"DUO MERITXEL" e "TORNADO".

9/9/08

SUBIDA AO CEO DE GALICIA (PENA TREVINCA)














O pasado domingo 7 de Setembro guiados polo Lois Dapena, un grupo de amigos de Monforte e Sober, entre eles eu e o Alfonso de Francos, tivemos a grandisima satisfación de chegar ao ceo de Galicia, ao pico de PENA TREVINCA.

Fumos dende PORTO (Zamora), e dempois de catro horas largas, e pensar varias veces que non dabamos chegado; culminamos a nosa aventura. Sinceiramente foi algo inenarrable un dos momentos de maior satisfación persoal da nosa vida para cada un de nos.
Ata Porto fomos vinte persoas pero a aventura polo monte fixemola 9: Lois Dapena, Luis Manuel Fernández, Alfonso Campos, Juan Bautista Vázquez, Paco Capón, Mario Lois Pontón, Luis F. Guitian, Luis Fernando Sánchez e Ramón Díaz.
Todo foi inenarrable, unha experiencia única.
Seguro que voltaremos.

2/9/08

CADEIRAS ESTARA DE ROMAXE ENTRE O 7 E 9 DE SETEMBRO


Sendo fieis coa tradición, entre o 7 e 9 de Setembro celebraremos a ROMERIA DE CADEIRAS no entorno dunha das paraxes máis fermosas do mundo.

Os actos previstos inicianse o día 7 coa subida da virxe en procesión dende Pinol as 7,30 da tarde. Logo celebrarase o primeiro baile de tarde noite coa orquestra RIA DE BETANZOS.

O día principal, o 8 (festa local en Sober), haberá pasarruas, misas rezadas dende primeiras horas e MISA MAIOR con procesión a mediodía, logo sesión vermú e merenda con clásicos "corros" e acompañamento de grupos de gaiteiros. Polo seran baile coa orquestra LOS SATELITES e outro grupo musical.

O día 9 remataranse as actividades con misas pola mañán e baile de tarde noite coa orquestra LOS ESPAÑOLES.

Como é habitual habera outras actividades complementarias como FOLION, XOGOS DE CARTAS, e ACTIVIDADES INFANTIS.