31/1/08

EXITOSO "XOVES DE COMADRES"

Os homes, dando resposta as mulleres, que celebraron o Xoves de Compadres a pasada semana; fixeron desta volta arredor de 80 comadres en divessos lugares do concello. Outra vez destacaron en número os da capitalidade municipal, con máis de 40 comadres, delas 11 correspondian as componentes do grupo "O Tricole". O outro grupo estaba formado polas traballadoras do concello na sua maior parte. Ali estaba a Alcaldesa subida ao cazo da paleadora -recordando a andanza que fixo para colocar as botellas na arbore de nadal, pedo desta vez con casco-, e unha paraodia do futuro "Hotel Palacio de Sober ***** Gran Luxo".
Doutra banda en Matamá e Anllo Santo Estevo habia dous gurpos igualmente numerosos con unhas 20 de comadres en cada caso. Os de Matamá ao igual co xoves anterior comeron e cearon xunto ao grupo de "mecos". Temos que dar un tiron de orellas aos homes deVilaescura, que nos contestaron aos compadres que as mulleres lle fixeron a semana anterior.
Desta vez volveu a aparecer un feixe de coplas cos compadres de Sober.
A proxima actividade carnavalesca de Sober, sera o sábado 2 co desfile de compasas e disfraces dende as 5 da tarde polas ruas de Sober e logo o "II BAILE DA CACHUCHA", na praza de Sober con animación dun grupo musical e degustación gratuita de Cachucha, pan do pais, viño novo e tripon de entroido.
Ánimo a todos para disfrazarse o sábado.
¡Recordarse de traer navalla para cortar ben a cacheira!.

28/1/08

MORREU O ALFAREIRO DE GUNDIVOS JOSE RODRIGUEZ "VENTURA"


Un dos alfareiros de Gundivos da "vella xeneración", José Rodriguez de Casa Ventura de Vilanova faleceu o pasado fin de semana aos 84 anos e foi enterrado no cimenterio Paroquial de Santiago de Gundivos o domingo 27 de Xaneiro.

Varios centenares de persoas, veciños e amigos se achegaron ao tanatonio de Sober e asistiron os actos funebres de "O Ventura", un dos poucos alafareiros de Gundivos das vellas xeneracións.

Fai poucos anos, no 2001, faleceu Alonso Diaz e o pouco tamen faleceu Federico Diaz. Coa morte de Jose Rodriguez "O Ventura", somentes quedan con vida dos alfareiros veterans Obdulia Rodriguez de Campoverde e Agapito Gonzalez de A Igrexa. Xunto a estes dous representantes da vella xeneracion esta na parroquia o xoven Elias Gonzalez Prieto que pronto pora en marcha un museo taller na antiga Rectoral de Gundivos.
Amais outros xoves do concello se adican a oleria noutras parroquias de Sober

Sirva esta pequena nota como HOMENAXE sinceiro a "O Ventura"


24/1/08

"XOVES DE COMPRADRES" MOI SATISFATORIO.




A xornada de "Xoves de Compadres", resultou éste ano moi satisfatoria. Con moita ledicia damos conta de máis de cen compadres en diferentes lugares do concello. Destacaron en número os da capitalidade municipal con cuarenta bonecos. As mulleres do grupo "O Tricole" puxeron os compadres dos seus once componentes másculinos, ao tempo trinta pezas foron instaladas no xardin das inmediacions da Casa do Concello, feitas por rapazas que traballan no concello e por veciñas de Sober. Moito humor e neste ano un feixe de coplas acompañaron os bonecos de Sober.
Ao tempo en Matamá colocaronse un bó numero de compadres, máis de vinte. Nesta localidade os veciños xuntaronse a unha paparotada para festexar a xornada. En Anllo Santo Estevo caseque vinte pezas se colocaron nas aforas do Centro Social da Parroquia i en Vilaescura apareceron nove compadres en Penademiro. A maiores outros compadres aislados foron colocados en diferentes lugares do concello.
Sen dubida moi boa noticia a deste XOVES DE COMPADRES que esperamos se "mellore" ou se iguale o próximo xoves cando aos homes lle corresponda facer o propia coas suas compañeiras.

¡¡ANIMO!!.

Nota.- Na foto de Alberto López de La voz de Galicia, os veciños de Matamá comparten mesa cos compadres do pobo. A segunda foto é de Ana do Gabinete de prensa do concello de Sober, mostra varios compadres dos expostos na capitalidade municipal.

22/1/08

CAPTURAN SETE ZORROS EN PROENDOS NA PRIMEIRA XORNADA DE CAZA



O pasado domingo día 20 de Xaneiro (día de San Sebastian), unha pandilla de cazadores, socios do coto de caza de Sober, capturaron un total de sete raposos (zorros) nunha pequena area da Parroquia de Proendos, concretamente na zona entre o campo da festa, Vilastrille, Froxan e Mer.

De todos é sabido que nos últimos meses a cantidade de zorros no concello de Sober aumentou moito. Para nós o zorro e un animal fermoso e apesares do dano que poida facer, cremos que deberían de controlarse as batidas. Non é facil que se acaben pero pode ser que abatan demasiados exemplares e voltemos a pasar uns anos con moi poucos exemplares polos nosos montes. Sabemos que os cazadores non estaran de acordo, pero cada un ten o seu pensamento.

De seguro que as batidas continuaran durante toda a tempada e que os cazadores iran peinado pouco a pouco diferentes zonas do concello. Xa informaremos ao final do número de exemplares que cairon durante o ano, que de seguro será estremadamente esaxerado.

17/1/08

O ENTROIDO NA NOSA TRIBU DEBERÍA COMENZAR "OFICIALMENTE" O 20 DE XANEIRO CO "DOMINGO DE LAMBEDOIRO"


O ENTROIDO na nosa tribu deberia de comenzar oficialmente éste domingo 20 de Xaneiro co "DOMINGO LAMBEDOIRO". A actividade deste día ainda se manten en pé en moitos lugares de Galicia i en concreto na "Ribeira Sacra" continua celebrabdose ésta xornada na Ribeira de Chantada e O Saviñao. O "Domingo Lambedoiro" é sempre 15 días antes do "Domingo de Entroido" i era habitual nas casas do noso concello degustar pratos típicos da época: "tripón" -tamen coñecido por "vexiga" ou "enchido"- que como todos sabemos ven a ser o "puding de pan", pero sen dubida moito máis sabroso. Antigamente faciase no tripon ou na vexiga do porco de ahí o nome polo que ainda hoxe se coñece a pesares de que se fai nunha pota. Tamen se degustaba nesta xornada un bó cocido e todo tipo de carnes relacionadas co porco. En moitas casas ainda se manten a trad¡ción de facer un cocido ou lacon con grelos e chourizos e un tripon por ésta xornada. Seria fundamental que un grupo de veciños ou a través da Escola de Hostalería de Rosende se recuperarse ésta data con un concurso de receitas típicas da época. Todo se andará.


Tralo Domingo de Lambedorio chega o "XOVES DE COMPADRES", do que todos sabemos moi ben en que consiste. Nos últimos anos perdeuse parte da sua tradición. Falta a palla para queimalos en condicións, entre outras cousas. As parroquias que ainda manteñen viva a celebración son Anllo San Estevo, Anllo San Martiño (principalmente Matamá e Arxemil), Rosende, Arroxo (a capitalidade municipal), Proendos, el algunha outra con menor incidencia. Ésta xornada si é facil de recuperar e temos que facelo XA.


A seguinte xornada é o "DOMINGO CORREDOIRO"; as parroquias de Anllo Santo Estevo e Anllo San Martiño recuperaron éste domingo fai unha decada pero nos ultimos anos case quedou perdido por completo. Temos que tomar medidas e voltar coa celebración. Chega logo o "XOVES DE COMADRES", que é a mesma celebración que o xoves anterior, pero neste caso os homes son on encargados de caricaturizar ás mulleres.

Tras todas estas datas veñen a desenvocar nas xornadas propias do ENTROIDO: Sábado, Domingo, Luns e Martes. ¿Quen con máis de 50 anos non lembra aqueles carnavales de Proendos, A Carqueixa, Bolmente, Santa Cruz, Doade, Pinol, Gundivós, Canabal, Bulso, etc. etc.?, ¿ i os bailes na capitalidade do Concello xa dende os anos 10 e 20 do século pasado?. ¡¡TEMPOS AQUELES!!. Cada parroquia tiña bailes propios, moitas en varios lugares. Logo habia os destacados de PROENDOS, BOLMENTE e a vila de SOBER.


Nos últimos anos Arxemil e Anllo fixeron actividades por estes días pero parece que perderon folgo. Tamen en Santiorxo se celebrou durante anos baile pola xornada do domingo.
Na capitalidade do concello mantivose durante moitos anos un baile infantil o Luns de Entroido, se ben nos últimos anos esa xornada trasladouse ó sábado. Dende o ano pasado a vila de Sober organiza o denominado "BAILE DA CACHUCHA"; un baile de disfraces con degustación de viño novo e cachucha que se fai na tarde do sábado de entroido e que se quere consolidar no calendario festivo da comarca.


O DIOS MOMO

Foi a figura do Entroido de Proendos i segue a ser de moitos entroidos, que nos saibamos o máis cercano é a capitalidade de A Coruña.

En Cádiz, queimase un muñeco representando ao dios Momo é clausura as festas cada ano.

No Carnaval de varias cidades hispanoamericanas rindeselle homenaxe ao dios Momo con diversos actos:
En Barranquilla (Colombia) e dos principais personaxes.
En Uruguay e un personaxe distintivo nas actuaciones das murgas, sendo común encontrar nas letras de cancions referencias directas a este personaxe. (Asi ocurria en Proendos)
En Argentina e o inspirador e deidade suprema das murgas de Bos Aires e de murgas e comparsas de moitas cidades e pobos do interior. (¿non viria de aqui, dalgun emigrante a tradición de Proendos...?

Na mitoloxia Grega Momo (en greco Μωμος Mômos, significa ‘burla’, ‘culpa’; en latin Momus) era a personificación do sarcasmo, das burlas e da agudeza irónica.

Era o deus dos escritores e poetas, un espíritu de inculpación malintencionada e crítica inxusta.
Representabase na mitoloxia cunha máscara que levantaba para que se lle vira a cara, e cun muñeco na man, símbolo da tolea.
O caso é que o DIOS MOMO DE PROENDOS debe de volver a ser a principal figura do ENTROIDO en Sober. Temos que conseguilo.

16/1/08

CASTRO CALDELAS CELEBRA O SÁBADO 19 A "FESTA DOS FACHÓS"




A festa de San Sebastián, ou “Festa dos Fachós”, que se celabra na veciña vila de Castro Caldelas é , indubidablemente, unha das máis orixinais e curiosas de cantas existen hoxe en día en Galicia. A celebración comeza xa na caída do día 19 de Xaneiro. As xentes, provistas dos fachós (grandes feixes de palla a modo de antorcha), vanse concentrando na entrada da vila pola estrada de Ourense. Faise tamén un fachón moi grande que pode chegar a medir 35 metros, que portan varios veciños da vila. En canto se fai totalmente de noite, o disparo dun foguete luminoso indica o momento de prender os fachós, e co estampido da primeira bomba ponse en marcha, precedida de gaiteiros, unha sorprendente procesión. Entre berros de alegría a procesión cruza a Praza do Prado e avanza polas empedradas rúas de Cima de Vila, ata alcanzar o atrio da antiga igrexa parroquial. As campás acompañan durante toda a procesión. O regreso faise pola rúa do Sol finalizando no adro. Unha vez neste, reúnense os fachós formando unha gran fogata, arredor da cal bailan vellos nenos e adultos.

Nese momento degustanse de forma gratuita chourizos asados, bica mantecada, viño nova da Ribeira Sacra, licor café e, como non, a queimada. A festa prolóngase ata altas horas da madrugada.

A orixe e motivo desta celebración non está clara. Corren explicacións e lendas para todos os gustos. Así, dise que o desfile reproduce o que os cristiáns realizaron, tamén de noite e con fachós, na busca do corpo do mártir San Sebastián. Outro senso ten a historia que motiva o feito nunha suposta peste que azoutaría a vila e comarca aló polo 1653. O lume e o aventado dos fachós terían unha intención sanitaria e relacionaríanse coa obrigada desinfección, segundo uns, ou ben sería o recordo dunha procesión similar, nocturna, ata o santo para rogarlle a súa axuda naquel trance, solicitude que sería atendida de inmediato. Outros tamén vencellan esta tradición ós incendios que a vila sufriu ó longo da súa historia. O certo é que a “Festa dos Fachós”, da cal so hai documentación precisa dende mediados do século XVIII, non coincide con ningún evento sinalado no ciclo astronómico, como ocorre con outras festas de lume.


Sen dubida , vale a pena asistir a este interesante festexo. Moitas xentes de Sober e de todo o Val de Lemos acostuman a asistir cada ano.

Este sábado veremonos en Castro Caldelas.
No seguinte enlace podemos ver fotografías de anos anteriores:

http://www.patrimonio-ribeirasacra.info/portal/modules/gallery/album51

8/1/08

"O TRICOLE" CANTOU OS REIXES







O Grupo "O TRICOLE", tivo un ano máis a fermosa idea de cantar o reixes por diversos puntos do concello de Sober. O grupo soberino que dirixe Alfonso Campos, adicou parte da tarde do día 6 de xaneiro a visitar domicilios particulares de varias parroquias do concello e facer unha actuación na residencia "NOSA SEÑORA DO CARME" de Sober.


A recuperación de tradicions e cantos populares é un dos obxetivos deste grupo; sen dubida con actos como o do pasado día 6 teñen parte dos seus obxetivos conseguidos.


Noraboa e gracias o "O TRICOLE".



Nota.- Nas fotos de Pedro Llano podemos ver a actuación de "O TRICOLE", na residencia da terceira idade de Sober, este pasado 6 de Xaneiro.

3/1/08

CO SAN AMARO DE PROENDOS, INICIASE O ANO FESTIVO


Coas festas de San Amaro en Proendos, dase inicio o ano festivo das parroquias do concello de Sober. Como ven sendo habitual, o sábado e domingo próximos o 15 de Xaneiro (festividade de San Amaro), a parroquia de Santa Maria de Proendos celebra as suas festas maiores.


A Asociación de veciños "Proencia", fai xa semanas que comenzou a organización dos festexos que contaran como ven sendo habitual con actividades ludicas e relixiosas.


A orquestra "LAMAS" (antiga LAMAS LA PIÑA) e "NOCHE DE GALA" encargaranse dos bailes de tarde-noite de cada xornada. Pasaruas coa charanga "Unión Monfortina" e a Banda de Sober, misa cantada por o grupo vocal JEMA´S, procesións ou fogos artificiais son das actividades preparadas para este ano.


Sen dubida a festa "no prato" é dos máis destacado do San Amaro. O frio habitual das datas de inverno fai que as comidas habundantes e propias do inverno como o cocido, se complementes con outras habituais das festas do Concello de Sober (cabrito ou año, doce de carrola, etc.).
Este ano a Asociación de veciños reditou un exemprar coa vida de San Amaro publicacado en Valladolid a principios de 1900, sen dubida un fermoso xesto.