31/7/07

OS CIRCUITOS CULTURAIS "DE RUA" CHEGAN A SOBER

Sober contará con tres actividades dentro do ciclo "de rúa", que forma parte dos circuitos culturais que organizan diversos concellos galegos en co-patrocinio coa Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.
No concello de Sober poderemos ver e escoitar teatro, danza e música no transcurso de mes de Agosto e sempre con actividades ao aire libre.
En concreto a programación é a seguinte:





Día 12 de Agosto (xornada da Feira da Rosca), ás 11,00 da mañá na Praza do Concello; espectáculo de danza con MEDIA-PUNTA coa actividade Danza con nós.



Día 12 de Agosto, ás 12,30 da mañá na Praza do Concello; teatro co grupo CONTA E CANTA que porá en escena Contos das estacións.


Día 24 de Agosto (Venres), xornada dos "Encontros musicais na Ribeira Sacra"; ás 21,30 na Praza do Toural; música con SHOW PIE BRASS QUINTET que fará un percorrido pola musica do seculo XX.




30/7/07

SOBER ULTIMA O PROGRAMA DAS FESTAS DO CARME




A capitalidade do concello está ultimando o programa das FESTAS DO CARME, que este ano terán unha pequena variente no calendario. Celebraranse igualmente coincidindo con terceiro fin de semana de Setembro, se ben, a sua duración será de venres a luns e non como viña sendo habitual de sabado a martes.


Os cambios nos calendarios escolares e a disponibilidade de vacacions de familiares de veciños da vila, fixeron que este cambio fose necesario. O propio concello de Sober acordou xa a finais do pasado ano cambiar a festividade local do martes para o luns. Asi os festexos da capitalidade municipal seran este anos os días 14, 15, 16 e 17 de setembro (de venres a luns), sendo a ultima xornada festa local no concello de Sober.


Os organizadores dos festexos -a mesma comisión do ano pasado- ten xa perfilado o programa das festas e nas ultimas semanas está organizando nas noites dos venres e sabados bingos benéficos nos bares de Sober para recaudar fondos para os festexos. Os bingos con precio de 1 euro por xogada teñen importantes premios como noites en casas de turismo rural do concello, viaxes en catamaran, vales de 20 e 30 euros para mercar en establecementos de Sober, botellas de viño de Amandi, pezas de Gundivos, ceas en establecementos hosteleiros locais ou noites no balneario de augasantas. Ata agora fixeronse xa catro xornadas de bingo os dous pasados fins de semana e está previsto seguir nos próximos.


O programa das festas conta agora mesmo con duas orquestras xa contratadas: Os Satelites e Juan Mallo e nos proximos días quedará todo ultimado. Habera actos relixiosos con procesión, charanga, a Banda de Musica de Sober, actividades deportivas, infantis, tiro de corda, pancetada gratuita na xornada do luns, sesión de fogos artificiais e outras cousas que se coñeceran nos próximos días.


A música en lineas xerais sera a seguinte: o Venres unha orquestra para a verbena, o sábado unha charanga para os pasarruas, a orquestra Juan Mallo e outra actuación a perfilar para a noite. O Domingo a Banda de Musica de Sober para un concerto matinal e a procesión e "Os Satelites" xunto con outra orquestra para a tarde-noite. O luns haberá un grupo de gaitas pola mañá e unha orquestra para a noite. Este día será como é habitual a pancetada popular.

Xa daremos a coñecer o programa detallado no seu momento. O importante é que Sober recuperou o ano pasado as suas festas maiores dempois de tres anos en silencio e parece que terán continuidade.

27/7/07

GUNDIVOS QUEDOU SEN FESTA


A parroquia de Gundivós quedouse este ano sen os festexos de Santiago e Santa Ana. É a parroquia dos oleiros a única que respeta os festexos no seu propio dia (25 e 26 de Xullo), sen trasladalos a sabado e domingo e das que menos veces se quedaron sen musica polo dia do patron. Este ano foi unha desas poucas veces, se ben nas casas da parroquia houbo festa de "pote".
A última hora os veciños do lugar de A Pena -o máis poboado da parroquia-, non aguantaron sen música e contrataron a un duo ourensano para amenizar un baile no lugar na noite do 25 ata ven entrada a madrugada; tamen fixeron ruxir unhas ducias de foguetes e moitos veciños de lugares cercanos compartiron o baile cos veciños de A Pena.
Gundivós das poucas que manten como festas maiores as do propio patron parroquial, neste caso Santiago.

O primeiro fin de seman de Agosto tocalle o turno festeiro a Neiras que xa esta ultimando o seu prograda de actividades.

23/7/07

X FILANDON DE O CAUREL: MUSICA EN ESTADO PURO




O pasado domingo a Ferreria de Savane en Seoane de O Caurel foi escenario dunha nova edicion do "Filandón", a décima. Son xa dez anos deste curioso festival de musica popular que nos adentra na musica propia da nosa montaña e que sigue a conservar as cores de antano. Sen dubida alguha, estamos a falar -mais ben a escoitar- música en estado puro.
O lugar onde se celebrou o festival é fermoso, como todos e cada un dos recunchos da montaña caurelá. A Ferrería de Savane, dise que foi a maior e mellor das ferrerias de toda a península;
foi construida entre 1808 e 1810, sobre outra xa anterior por prisioneiros franceses para abastecer de armas ao exercito español na loita contra os propios franceses. Unha vez rematada a guerra, no 1814, adicouse a produccions de planchas de aceiro e apeiros de labranza, e xa no 1920 transformase en central hidroeléctrica e aserradeiro, producindo enerxía eléctrica para pobos de O Caurel. Permaneceu en activo ata fai un par de decadas.
Ao caron da ferreiria construiuse o muiño, que conta con duas pedras de metro e medio de diametro, son francesas e cada unha ten seu tamiz para seleciona-la fariña. E un muiño hidráulico, movido por unha roda horizontal.
Fai uns anos a Xunta chegou a un acordo cos propietarios para restaurar a ferreria e o entorno e ali facer un museo etnográfico; ao parecer xa se gastaron -mais ben malgastaron- máis de 50 millons de pesetas e todo sigue a dia de hoxe en via morta.
O certo e que a pesares do dia chuvioso que tivemos por Santa Maria Madalena o encontro musical foi un éxito. Temos que felicitar ao principal valedor deste encontro musical, Xosé Lois Foxo, director da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense e natural da parroquia caurelá de Romeor.
No entorno da antiga ferrería, que onte funcionou de novo, foronse reunindo trala chamada de Xan de Vilar co seu corno celta -que xa se usaba antigamente como reclamo para xuntanzas veciñais-, músicos e cantores de toda a montaña.
Manola Porto encargouse da presentación do evento que se iniciou coa actuación da aboa do filandon Elvira Touzon de Santa Eufemia que con 98 anos demostrou unha memoria e destreza musical envidiables. O brindeiro Ribeira de Louzarela, Hida e os Cantores de Ferreirós, Os Gaiteiros de Lino de Piñeira, Francisco Iglesias do Carballal, Roberto Quintillan, Os Louceriños, Os Gaiteiros de Pacios de trala Serra, os poetas Ricardo Locay e Xesus Galan, a Banda de Gaitas do Caurel, Domingo Balboa do Regueiro, a Orquestra de Romeor, os Cantores de Trabazas, e o Grupo de gaitas e acordeon de Claudio, Ramón, Aniceto e Xan de Vilar completaron as actuacións locais.
Tamén escoitamos na festa varios artistas convidados como o grupo de acordeons do Conservatorio de Ourense que dirixe Daniel Meiriño, a xove finalista de eurojunior Miriam Figueiras, Os Alegres de Mourente ou Pai da Cana de Poio. Poidose ver unha mostra de instrumentos tradicionais, bibliografia e discografia e tamen se fixo unha degustacion de feixons con mel do Caurel.
Os participantes foron obsequiados pola organización cun DVD coas actuacions das tres primeiras edicions deste entrañable festival ao que desexamos longa vida.
Nota.- Na fotos de Casanova podemos ver a Xan de Vilar chamando co seu corno celta e unha das actuacións do filandon. Na paxina www.jrcasan.com podemos atopar videos e moitas máis fotos dos tres ultimos filandons.

17/7/07

O "CASINO DE ENTRIMO", GAÑOU O TORNEO DE FUTBOL SALA DE SOBER


Sober viviu este pasado fin de semana a vixésima edición do torneo de fútbol sala. O campeón foi o equipo ourensan Casino de Entrimo, que gañou na final aos monfortinos do Banapy.
Os ourensans xa gañaran en anteriores ocasions ainda que co nome de Liñaran, xa que entre os xogadores habia rapaces desta parroquia soberina.
Os gañadores amais do trofeo levaron 1.000 euros.
O terceiro clasificado foi o Peugeot Bar Pra, e cuarto foi Cervecería Capitol ambolos dous de Monforte.
Luis, do Banapy, foi designado mellor xogador e mellor porteiro e menos goleado foi Jóse de A Bodeguilla de Marce Hamburguesería Dandy. Este mesmo equipo foi o mellor dos participantes locais.
A unica nota algo negativa foi a participación de 12 menos que o ano pasado. A principal razon foi a coincidencia con torneos noutros concellos da comarca (Chantada, Sarria e Quiroga).
Noraboa os gañadores e principalmente os organizadores por este vixésimo aniversario.
Nota.- A foto de Alberto Lopez mostranos os xogadores do "Casino de Entrimo" posando co trofeo de campions.

13/7/07

O QUIROGA FUTBOL SALA GAÑOU O TORNEO FEMININO DO SOBER


O Quiroga futbol-sala gañou o torneo de futbol sala de Sober que se disputou o pasado fin de semana e no que participaron seis conxuntos. O equipo quirogues gañou a final o Construciones Manias de Monforte por 3-2. O partido foi igualado como se demostrou no apretado do resultado final.

O equipo revelación foi o local Madia Leva, formado na sua totalidade por xugadoras do concello soberino; quedaron clasificadas en terceiro lugar, derrotando as Calasancias na final de consolacion.

O trofeo a deportista máis regular do torneo foi para Alba, do Quiroga Fútbol Sala. A mellor xogadora local foi Paula, que ao tempo foi a porteira menos goleada.


TORNEO MARCULINO

Onte mesmo deu comenzo xa o torneo masculino que con unha trintena de conxuntos participantes reparte máis de 2.000 euros en premios e está xa totalmente consolidado como un dos grandes torneos de futbol sala non só pola importancia dos premios e o numero de conxuntos participantes senon que tamen pola veterania do torneo.


Nota.- Na foto de Alberto, as campeonas adican o trofeo ao publico asistente a final.

3/7/07

IMAXES DA EXCURSION A CANTABRIA DOS ALUMNOS DA ESCOLA DE MUSICA






Os alumnos da Escola de Música de Sober que viaxaron a pasada fin de semana a Cantabria, regresaron moi satisfeitos da viaxe de fin de curso e con ganas de repetir experiencia.

Recordamos que visitaron Santander, Santillana del Mar, Comillas, San Vicente de la Barquera, as replicas de Altamira e o parque da natureza de Cabárceno.
Deixamos constancia da excursion coas sete imaxes que adxuntamos.