29/6/07

ALUMNOS DA ESCOLA DE MUSICA VIAXAN A CANTABRIA


Unha vintena de alumnos da Escola Municipal de Musica de Sober acompañados de varios dos seus profesores estan de viaxe de fin de curso por terras de Cantabria.
Os musicos soberinos amais de visitar a capital de Cantabria, Santander, onde entre outras femosuras poderan ver a Praia do Sardinero, estaran en Santillana del Mar, una das vilas máis fermosas do estado español , pasearan polo seu casco historico moi ben conservado e poderan ver a Colexiata.
En Comillas destaca o Capricho de Gaudí .
No pobo turistico e pesqueiro de San Vicente de la Barquera, intentaran dar co cantante David Bustamente.
Amais pasaran unha xornada no parque da natureza de Cabarceno e visitaran as replicas dos covas de Altamira.

Unha fermosa viaxe cultural que se iniciou hoxe venres e que concluirá na noite do proximo domingo.
Nota.- Nas fotografias podemos ver a Praia do Sardinero en Santander, o Capricho de Gaudí en Comillas, unha rua de Santillana del Mar ou un Lince Ibérico en semiliberdade en Cabárceno.

25/6/07

O SOBER CAMPION. GAÑOU A COPA DEPUTACIÓN


O C.D. Sober é o novo campión da Copa Provincial de Futbol dempois de gañar no campo de "A Ribela" en Sarria a final ao Xermade por 1-0, gol conseguido aos 80 minutos de xogo por Albino.
O Sober fixo unha ba 1ª parte con varias ocasións de gol; no segundo tempo o Xermade inquietou máis a porta que defendia David, que por certo fixo varias paradas de mérito.
Foron moitos os afecionados de Sober que se desplazaron ata Sarria para acompañar o seu equipo, e moitos tamen os que recibiron o equipo campeón a sua chegada a Sober.
A fonte da praza do concello foi o lugar elexido para ofrecer a copa o pobo de Sober e un grupo de membros da Banda de Música de Sober recibiron os campions aos sons de "Paquito Chocolatero", interpretando logo a muiñeira "Os mozos de Penedo".
Os xogadores que adestra Chura reunironse nunha cea en "Restaurante Parada" para dar fin a unha tempada extraordinara con un cuarto posto final na liga de 2º rexional e o campionato de copa.
Os exitos do equipo debense principalmente o bó ambiente que reina no vestiario da man de Chura e a labor de Emilio e Fidel que son os directivos oa tempo que son tamen xogadores.
Albino, Fidel, Victor, Lagoa, Elias ou Carlos son algúns dos xogadores do Sober nativos deste concello e outros como Emilio ou o propio adestrador Chura levan máis de 10 anos no equipo.
A copa deputación foi conquistada tras eliminar nas fases de clasificación a Rio Sil, Boveda, Barrela, Guntin e Residencia de Lugo.
No partido da final o once inicial do Sober foi: David; Casanova, Cesarín, Alemán, Lagoa; Diego, Pedro, López, Troiti; Albino e Javito. Tamén xogaron Victor, Carlos, Vitucho e Elías. Arbitrou Fraga Torres, de Lugo. Expulsou a López por doble tarxeta amarela.
Amais da copa deputación o Sober recibiu o trofeo Festas de San Xoan de Sarria.
Como curiosidade os xogadores do Sober saltaron o campo cunha botella de viña de Amandi cada un para entregala os xogadores do Xermade como recordo desta final. Foi un acto comentado moi positivamente polo publico asistente ao encontro.
Noraboa a xogadores, directivos, tecnicos e xente como Pepe Barbeiro que está sempre axudando os directivos de turno.
Nota.- Na foto de Alberto Lopez, os xogadores ofrecen a copa aos aficionados de Sober que asistiron A ribela en Sarria.

20/6/07

A BARCA DE SANTO ESTEVO PREPARASE PARA A SANTA ISABEL


A fermosa e pintoresca localidade de A Barca de Santo Estevo, pertencente a parroquia soberina de Anllo, fai días que fixo publico o seu programa de festas para honrar a Santa Isabel.

Fai xa máis dunha decada que os poucos veciños da localidade recuperaron os festexos de Santa Isabel e celebranse dnde enton o primeiro fin de semán de Xullo de forma ininterrunpida.

O entorno e magnifico coa chegada do Cabe o Sil e vistas do Concento de Santo Estevo ao outro lado.

Os festexos fanse no entorno da pequena capela que se construiu nas primeiras decadas do seculo XX e daran comenzo o venres 6 cunha pancetada ás 10 da noite e baile coa orquestra FLAMINGO. A medianoite o grupo NOSTATIC ofrecerá un variado concerto de rok.

Para o sábado 7 está anunciada misa a mediodía e festa de tarde noite coa orquestra DELFINES. Novemente actuará o grupo de rok NOSTATIC.

O domingo 8 os actos centraranse unicamente na misa maior na honra de Santa Isabel.

Nota:- As fotografias corresponden a http://www.galitursport.com/ empresa que realiza actividades de puenting precisamente dende a ponte de San Esteban, na desenbocadura do Cabe no Sil.

19/6/07

"OS LACTOUROS" VISITARON POBOS DE LEON

A Xunta de Micologos "Os Lactouros" de Monforte que preside o soberino Ramon Diaz -nacido en Vilela- e da que forman parte varios habitantes da nosa tribu, está chegando ao remate das viaxes programadas para a presente campaña.
Amais de visitar en rutas a pé varios puntos de concellos da comarca de Lemos -entre eles Sober-, tamen fixeron viaxes por importantes puntos de Galiza -Serra de San Mamede, Serra Calva, Mosteiros de Poio, Lerez e Armenteira,...-, viaxaron como tódolos anos a unha localidade portuguesa, neste caso a Arcos de Valdevez, e este pasado domingo achegaronse tamen como fan anualamente a terras de León para estar en varias localidades. Éste ano foise a Toral de Los Guzmanes, Valencia de don Juan, Mansilla de las Mulas, Gradefes e San Miguel de Escalada. Unha moi interesante viaxe cultural da que poiden disfrutar.


En Toral de los Guzmanes vimos o castelo que se conserva da antiga igrexa, o pazo dos Guzmanes onde se atopa a sede do Concello e o "Museo del botijo", ali entre as máis de 4.000 pezas, habia -como non podería ser menos- 5 botixos fabricados por oleiros de Gundivós.



En Valencia de don Juan e de destacar o castelo -moi ben conservado en unha parte- e a Igrexa da Virxe do Castelo Vello con un moi interesante retabulo co descendemento, a Imaxe da Virxe do altar maior e o panteon condal.


Na localidade de Mansilla de las Mulas amaís de disfrutar dun bó lechazo asado e un viño das terras de León poidemos contemplar as súas prazas porticadas e a sua muralla, da que se conservan 6 cubos intactos, varias portas e un tramo de máis de 400 metros en bo estado de conservación.


Na capitalidade do concello de Gradefes atopase dos poucos conventos con vida contemplativa de Castela; 20 monxas cistercienses habitan unha xoia romanica moi ben conservada e digna de visitar.
Santa Maria de Gradefes ten como singularidade o adiantarse no tempo na construcción duhna xirola, algo inusual naquela época en mosterios femininos.
Tamen son destacables a sua ornamentación en capiteis ou centros de bóvedas que contrastan pola variedade de figuras de animais, arpías e cabezas humanas coa parquedade que se exigía na época. Contiguo a igrexa está o claustro e a sala capitular. A ábside e espectacular con canecillos plagados de figuras nunca repetidas.

Por ultimo achegamonos ata San Miguel de Escalada pertencente igualmente o concello de Gradefes para disfrutar do seu templo mozarabe e románico, considerado unha das obras máis singulares do estado español.

O próximo domingo "Os Lactouros", rematan as visitas deste ano con unha ruta pola Devesa da Rogueira en O Caurel.

Nota.- A foto que encabeza esta nota corresponde a San Miguel de Escalada, as demais correspondese coa localidade da que se fala ao lado das mesmas.

FESTIVAL FIN DE CURSO DA ESCOLA DE MUSICA DE SOBER


O próximo sábado dende as 8 da tarde no auditorio da Casa da Cultura de Sober poderemos escoitar os alumnos da Escola Municipal de Musica que como anos anteriores celebran o fin de curso cun festival musical.

Actuaran os nenos de Musica e Movemento, varios solistas, grupos instrumentais e grupos corais.

18/6/07

O SOBER XOGA O SÁBADO A FINAL DA COPA DEPUTACIÓN



O F.C.Sober clasificouse para xogar a final da COPA DEPUTACION de Futbol para equipos de 2º e 3ª rexional. Con esta clasificación o equipo soberino chega por segunda vez na sua historia a final da copa provincial.



Tras unha temporada extraordinaria, sempre clasificado entre os catro primerios da taboa, o F.C.SOBER pon a guinda con esta clasificación para a fianal da copa.
O Domingo pasado en Centeás con moito máis publico do habitual o equipo local perdeu pola minima co Residencia de Lugo; a pesares da derrota os xogadores que adestra CHURA pasan a eliminatoria o haber gañado o domingo anterior no campo de A Cheda en Lugo por 2 a 3.



O rival do Sober será o Xermade que este domingo eliminou o Cospeito na tanda de penaltis.



Este ano chegase a XXIV edición da copa provincial e a final será o sábado día 23 . A día de hoxe non se sabe o campo onde se disputará o encontro.
Nota.- Na foto CHURA adestrador do Sober.

15/6/07

A ADEGA "ALGUEIRA" PREMIADA NA SEMANA VERDE DE SILLEDA



A adega de Doade "Algueira" recibiu o primeiro premio na modalidade de iniciativas de producción, transformación e comercialización de porductos con indicativo de calidade concedido no concurso internacional Día do Agricultor 2007, organizado pola Fundación Semana Verde de Galicia.
O acto de entrega do premio celebrouse no auditorio do recinto feiral.

Sober destacou tamén no segundo premio desta modalidade xa que foi para “Doces da Puri” unha explotación ubicada en Parambos, concello de Carrazeda de Ansiães distrito de Bragança-Portugal, que produce compotas artesanais; dase a circunstancia de que os pais da propietaria son de Canaval.




Nota.- Na fotografia Fernando Gonzalez Rivero, propietario de "Algueira", agradece o galardon recibido en Silleda.

14/6/07

IV CAMPEONATO DE FUTBOL SALA FEMININO



Para os días 6,7 e 8 de Xullo na pista polideportiva do Colexio "Virxe do Carme" de Sober está prevista a celebración do "IV Campeonato de Futbol Sala Femenino".


Este torneo iniciouse tralo exito da versión masculina que está completamente consolidada e que verá unha nova edición a mediados de Xullo.


O torneo femenino ten unha inscripción de 60 euros, remata o prazo o 4 de Xullo e debe facerse en Restaurante PARADA 2, telefono 982460203.


Haberá un primeiro premio de 60 euros e trofeo un segundo de 100 euros e trofeo e trofeos para os equipos clasificados en terceiro e cuarto lugar. Tamen se distinguiram e mellor porteira e a mellor xogadora.


11/6/07

REPRESENTACION TEATRAL INFANTIL

O Grupo de Teatro Infantil de Sober, representará a obra "BRANCANEVES" o venres día 15 as 7 da tarde no auditorio da Casa da Cultura de Sober.

As/os nenas/os estiveron varios meses presparandose para facer esta representación polo que seria importante que asistise bastante publico.

Foron varios os intentos de organizar un grupo de teatro estable en Sober que non chegaron a fructificar, ¡unha magoa!.-
Quen dera recordar aqueles tempos nos que os nosos avós facian representacións teatrais principalmente no entroido...

BOLMENTE FESTEXA A SAN ANTON


A parroquia de Santa Maria de Bolmente honrará a San Anton os días 15, 16 e 17, collendo así o testemuño de Anllo que fixo propio o fin de semán pasado.


Sabemos que estas parroquias rivalizaban no antano cos seus festexos na mesma data e dende fai un par de decadas alternan a celebración unha semana antes unha parroquia ca outra.


O programa previsto en Bolmente e moi variado e dará comenzo o venres 15 as 9 da noite cunha pancetada popular seguida dun baile coa orquestra SUPER COMBO.


O sábado 16 haberá alboradas cun grupo de gaitas, misa con procesión a unha e media do mediodia e sesión vermú. Dende as 9 da noite baile coas orquestras ARABIA e XUNTANZA.


Para o domingo 17 esta prevista novamente misa con procesión a 1,30 e pola tarde dende as 8 baile coa coñecida orquestra COMPOSTELA.


Habera tamen sesións de fogos artificiais.

DOBLE CONCERTO DE GUITARRA



O pasado sábado a vila de Sober viviu dous concertos de guitarra. Amais do que PEDRO MATEO ofreceu na Casa da Cultura, en "A bodeguilla de Marce" poidemos disfrutar dun concerto acústico de moi boa calidade a cargo de MARIO CEA (guitarrista de Malú, Tekila ou La Unión) e SANTI TAMARIZ (guitarrista de Mr. Blues ou Gorrones entre outros). Non é a primeira actividade musical que podemos escoitar no local de Marcelino e xa ten previstas novas actuacións para datas próximas das que iremos informando.


O certo é que Sober disfrutou da Guitarra clasica e moderna con artistas de primeira fila.

Polo seran o gañador de Juventudes Musicales de 2006 ofreceu un recital que so se pode comentar escoitandoo -o curriculo do interprete e o programa figuran neste blog nas informacións da semana pasada- e pola noite Mario Cea e Santi Tamariz fixeron disfrutar a un publico entregado coas suas voces e guitarras acústicas.

6/6/07

FESTAS EN ANLLO



Para os días 9,10 e 13 estn programadas as festas maiores da parroquia de San Estevo de Anllo na honrra de San Antón de Padua.


O programa e moi variado e dara comenzo con un pasarruas a cargo da BANDA MUSICA DE ANTAS DE ULLA o sábado 9 a media mañá. Haberá misa a 1,30 do mediódía seguida de procesión e logo sesión vermú. Polo serán baile ata a madrugada coas orquestras ESTRELLA e GRAN CASINO.


O Domingo a 1,30 novamente misa e procesión e polo serán festa baile coa orquestra QUINTA AVENIDA.


Para o día 13, festividade de San Anton, teñen novamente previsto celebrar misa e procesión a unha e media da tarde e pola noitiña baile coa orquestra EMBAJADORES.


Completanse os actos con sesión de fogos artificiais.




Nota.- Nas fotos a Igrexa Parroquial de Anllo e a reformada Rectoral de Anllo adicada a Turismo Rural.

5/6/07

CONCERTO DO GUITARRISTA PEDRO MATEO


O próximo sabado día 9 ás 8 da tarde no audotorio da Casa da Cultura de Sober poderemos disfrutar dun concerto extraordinario a cargo do guitarrista PEDRO MATEO.

O concerto esta emmarcado no ciclo PRIMAVERA MUSICAL 2007, foi organizado por Xuventudes Musicais de Sober e conta coa colaboración do Concello de Sober.

A continuación podemos observar o amplo curriculum do interprete e o programa a executar.



PEDRO MATEO GONZÁLEZ, guitarra


Pedro Mateo (Ávila,1983) inicia os seus estudios musicais os 6 anos no Conservatorio “Tomás Luis de Victoria” de dita cidade e ali finaliza o Grado Medio nas especialidades de Guitarra con Salvador Gómez e Composición con Antonio Bernaldo de Quirós e Alejandro Moreno.
Realiza estudios de grado Superior no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid con José Luis Rodrigo, na Hochschule für Musik de Colonia con Roberto Aussel, no Conservatorio Superior de Música de Salamanca con Hugo Géller e na Hochschule für “Franz Liszt” de Weimar (Alemania) con Thomas Müller-Pering finalizando os estudios superiores con Matrícula de Honra e Premio fin de Carreira. Actualmente realiza estudos de Postgrado na “Robert Schumann” Hochschule für Musik de Düsseldorf tendo como profesor a Joaquín Clerch. Tamén estudia regularmente con Ricardo Gallén.
Recibe clases maxistrais de guitarristas como David Russell, Manuel Barrueco, Marco Socías, Álex Garrobé, Eduardo Isaac, Marco Smaili e Raphaella Smits entre outros. Ao tempo fixo cursos de Composición, Dirección de Orquestra e Interpretación Histórica.
E gañador de varios concursos como a 66ª Edición del Concurso Permanente de Jóvenes Intérpretes de Juventudes Musicales de España, “VII Concurso Internacional de Guitarra Ciudad de Coria”, “XII Concurso de guitarra Francesc Tárrega de Villa-Real”, “VI semana de la guitarra concurso José Tomas Villa de Petrer”, “II Concurso Internacional de guitarra Ciudad de Torrent” e premiado en outros como no “XVI Anna Amalia Gitarrenwettbewerb de Weimar” ou no “III Concurso de Música de Cámara con guitarra Vila D´La Olleria”.
Participa regularmente en importantes festivais de guitarra en EE.UU, Alemania, Austria e por toda a xeografía española tanto a sólo como en música de cámara e como solista con Orquestra, recentemente foi seleccionado polo INJUVE para tocar en importantes festivais como o “XXXI Festival Internacional de Segovia” ou no Auditorio “Conde Duque” de Madrid, tamen e requerido para impartir cursillos de perfeccionamiento.


Programa:


Manuel de Falla (1876-1945):
Homenaxe. “Pour le Tombeau de Claude Debussy” (1920)

Leo Brouwer (1939):
Sonata (1990):
Fandango e Boleros
Sarabanda de Scriabin
A Tocata de Pasquín

Johann Sebastian Bach (1685-1750):
Chacona, da Partita nº 2 en re menor BWV1004 (1723)
****

Domenico Scarlatti (1685-1757):
Sonata K27. Allegro
Sonata K360

Heitor Villa-lobos (1887-1959):
Estudos nº 7 e 10 (1929)

Alberto Ginastera (1916-1983):
Sonata para guitarra, op. 47 (1976):
Esordio
Scherzo
Canto
Finale

4/6/07

EXCURSION A SERRA DA CALVA CON "OS LACTOUROS"










Organizada pola Xuntanza de Micologos "OS LACTOUROS", asistin o pasado domingo a unha excursión e ruta de sendeirismo absolutamente formidable.




Baixo a tutela de LOIS DAPENA os excursionistas diriximonos en autocar ata as inmediacións da capital do Concello de Porto (Zamora), un pequeno concello de pouco máis de 200 habitantes. Fomos atravesando dende A Rua os concellos de O Bolo e A Veiga, ali en plena serra un grupo fixemos unha camiñata de máis de 25 kilometros a pe pola Serra da Calva uhna boa parte dela dentro da provincia de Zamora, atravesando ata o lugar de Xares, ( A Veiga).




Andivemos dende primerias horas da mañan ata as sete da tarde facendo unha pequena parada a media mañá e outra xa con algo mais de vagar para xantar e repoñer forzas. Foi un día especial e extraordinario. O cansanzo e as queimaduras da radiación solar -andivemos todo o día entre 1500 e 1850 metros de altitude-valeron a pena. Poidemos ver unha vintena de lagoas e unha fauna abundante (cervos, corzos, benados, cabras montesas, xavarins, perdices, aguias, serpes, ras, vacas, cabalos,...). O nome da serra (Calva), indica que a vexetación e de monte raso e prados. Igualmente, merecen ser salientadas as masas de reboleiras (Quercus pyrenaica) que se ven ao estar xa chegando a Xares.


En pouco tempo ésta e outras visitas faremolas con xente de Sober a traves da Asociación Micoloxica "PINGADOURO". Seran excursións programadas para turismo en xeral e sendeirismo. Asi poden tamen asistir os que non esten moi ben das pernas e teñan poicas ganas de camiñatas.

2/6/07

PATRIMONIO AUTORIZA AS OBRAS DO PALACIO DE SOBER








Unha extraordinaria noticia puido coñecerse no dia de onte o hoxe foi publicada nos xornais da comarca.


A comisión territorial de Patrimonio Histórico, na reunión celebrada o pasado xoves, acordou autorizar as obras de rehabilitación do Palacio de Sober, coa finalidade de convertelo nun hotel de cinco estrelas gran luxo, polo que será o unico desa categoria en Galicia.


A autorización permitirá iniciar moi pronto as obras.


O arquitecto Manuel Viéitez, un dos responsables do proxecto que promove a empresa madrileña Alvaher 98, indicou que a primeira fase dos traballos consistirá en limpar as ruínas do palacio e recuperar todos os materiais arquitectónicos que poidan ser reutilizados nas obras. «O primeiro que imos facer é ir acondicionando o edificio, recuperar e clasificar as pedras desprendidas da estrutura e facer unha evaluación de cara ao proxecto definitivo».


Estos traballos iniciaranse no transcurso do mes de xuño e duraran cerca de tres meses.Nesta fase inicial, engade Viéitez, cabe a posibilidade de localizar algunha parte da construción que ata agora pasou desapercibida, como serian un soto ou unha adega que aparecen en planos antigos. Se se producise un achado deste tipo, o proxecto modificaríase para incorporar estes espazos ao futuro hotel.


Unha vez rematada esta etapa, Patrimonio deberá emitir outra autorización para o proxecto definitivo, despois do cal poderán comezar as obras de construción propiamente ditas.


Logo completaranse os demais permisos necesarios para a execución do proxecto por parte da Dirección Xeral de Urbanismo, do Concello de Sober e doutros departamentos. «Os trámites que faltan xa son cousa de simple mecánica burocrática. O máis importante era conseguir o permiso de Patrimonio, que ten un carácter moito máis técnico, e esta autorización chegou incluso un pouco antes do que se esperaba», comenta Manuel Viéitez. A rapidez con que se logrou a primera autorización administrativa fai que os responsables de Alvaher 98 se mostren optimistas con respecto aos seguintes pasos do desenvolvemento desta iniciativa. Os promotores do futuro hotel estiman que para completar o proxecto requeriranse en torno a vinte e catro meses de traballo. «Esperamos que o hotel estea en condicións de ser inaugurado para o verán do 2009», apunta o arquitecto. (La Voz de Lemos. 2/06/07)






Nota.- Podemos ver duas imaxes de como está previsto que quede o Palacio unha vez rematadas as obras.